A Garda Civil detivo onte dous veciños de Lugo de 22 anos de idade por roubaren presuntamente ferramentas do anexo dunha vivenda situada no concello de Castro de Rei. Segundo o Instituto Armado, o valor do material roubado roldaría os 7.000 euros.
No marco desta investigación, a Garda Civil tamén lles imputa aos dous prendidos un delito de roubo con forza cometido o pasado mes de xaneiro no anexo a unha vivenda situada no concello asturiano de Illan. Daquela, os detidos romperon a porta e roubaron diversos obxectos valorados en máis de 350 euros. Estas dúas persoas xa foron postas a disposición xudicial.