Unha persoa resultou ferida en Navia de Suarna logo de que o vehículo que conducía se saíse de vía e caera por un desnivel. O sinistro tivo lugar na parroquia de Pin, na estrada que une Navia con Paradela.
Segundo o servizo de emerxencias 11, as condicións do terreo complicaron as tarefas dos efectivos de emerxencias que se desprazaron ao lugar. O persoal do CAE 112 Galicia alertou a Urxencias Médicas, aos Bombeiros de Sarria e ao GES de Becerreá. Os feitos tamén foron postos en coñecemento da Garda Civil de Tráfico. Os efectivos sanitarios mobilizaron unha ambulancia e o helicóptero medicalizado con base en Ourense.