O PP denuncia falta de limpeza nos xardíns do entorno da muralla

O Grupo Municipal do Partido Popular denuncia a “suciedade” que presentan os xardíns públicos situados nas inmediacións da muralla así como os diferentes parques infantís que hai en distintos barrios da cidade. A concelleira popular Ana López Pombo reclama ao goberno municipal que se preste unha mayor atención á limpeza destes espacios xa que, durante o verán, co incremento de usuarios que realizan actividades ao aire libre se multiplican os desperdicios.

Ana López Pombo explicou que “tanto no xardín de San Roque como na escaleira pola que se accede a esta zona de lecer dende Montero Ríos se acumulan restos de envases, papeles ou excrementos”. Outro punto onde, segundo os populares, é necesario incrementar a limpeza é nos xardíns de García Morato (fronte á estación de autobuses) e no xardín que hai ao pé da capela do Carme. A edil do PP manifestou que se trata de espacios polos que, durante o periodo estival, pasan numerosos turistas, peregrinos e veciños polo que se precisa “dun plan de mantemento para que sempre estén en perfecto estado de revista”.

López Pombo indicou que “estamos falando de zonas que teñen unhas dimensións reducidas e que están ubicadas a escasos metros de bens declarados Patrimonio da Humanidade como son a muralla ou o camiño de Santiago”. “É evidente que os cidadáns temos moita responsabilidade pero tamén se fai necesario un mínimo de conservación por parte do goberno local”, reflexionou a edil popular.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com