Ferida unha moza ao caer por un barranco en Cervantes

Unha moza resultou ferida esta mañá no concello de Cervantes despois de caer por un desnivel duns catro metros. Todo apunta a que a rapaza ía camiñando pola estrada que une Doiras con Cereixedo cando sufriu o contratempo.

En concreto, os feitos tiveron lugar preto da igrexa de Freixedo. Unha persoa particular atopou por casualidade á moza ferida. Chamou ao 112 Galicia contra as 11:30 horas para solicitar axuda. Os profesionais do CAE 112 Galicia alertaron a Urxencias Médicas.

Os efectivos sanitarios decidiron mobilizar ata o punto unha ambulancia e o helicóptero medicalizado con base en Santiago. Tamén se alertou ao GES de Becerreá e á Garda Civil. A moza xa foi rescatada do barranco. A esta hora o operativo continúa, á espera de que sexa trasladada a un hospital.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com