Santín renuncia a formar parte das listas do PSdeG entre críticas á dirección

O que fora secretario provincial do PSdeG na provincia de Lugo e deputado autonómico, Juan Carlos González Santín anuncia que non repetirá nas listas do partido nas vindeiras eleccións autonómicas.

Nun comunicado, Santín di que foi unha decisión “meditada” e que toma “para non prexudicar ao partido”, aínda que non aforra críticas á nova dirección do partido, a xestora presidida por Pilar Cancela, nin ao rumbo que está a tomar o PSdeG logo de que Xoaquín Fernández Leiceaga resultase vencedor das primarias para a escolla de candidato á presidencia da Xunta.

A este respecto, Santín cre o partido “está sen dirección” e a xestora “en lugar de intentar sumar está a facer o contrario”. Ademais acusa sen nomealo a Leiceaga de “excluír ao 45% do partido” que apostou polo seu competidor nas primarias, José Luis Méndez Romeu. “Non pode ser que o 45% do Partido non pinte nada e, por tanto, se pretenda excluílo de calquera decisión. Ese non é o PSOE co que eu me identifico, de ahí a decisión que hoxe vos comunico”, subliña.

“Calquera proceso de elaboración das listas, e as autonómicas non son unha excepción, non pode facerse como agradecemento ou acomodo de certas persoas, senón que teñen que facerse como se fixo sempre: con persoas que sexan consideradas referentes sociais, avaladas pola súa cualificación, profesionalidade, compromiso cos valores socialistas”, engade Santín que aclara que tras deixar a súa acta de deputado volverá ao seu posto de traballo e seguirá como militante de base no PSdeG.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Jose Lopez Racamonde
    Xul 22, 2016 - 01:31 PM

    Sigo decindo o mesmo o que non quiera ir que non vaia pero calando e arrimando o hombro como levamos facendo outros moitos anos

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com