Os Bombeiros de Chantada liberaron esta tarde a unha muller que quedou atrapada no seu turismo tras un accidente no concello de Carballedo.
Segundo o servizo de emerxencias 112, o vehículo saíuse da vía na N-540, á altura do lugar de Bustelo de Abaixo e foron os veciños da zona os que deron a voz de alarma contra as tres da tarde.
O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias avisou aos bombeiros, aos axentes de seguridade e os servizos sanitarios de urxencia, que trasladaron á ferida en canto foi excarcerada.