A CIG impugna as funcións da nova directora xeral de persoal

O sindicato CIG impugnará parte das funcións que se lle encomendan a Ana Sáez como nova directora xeral de Recusos Humanos no Concello de Lugo por entender que “invaden funcións propias das empregadas e empregados públicos”.

“Se se crearan dirección xerais en todas as áreas do Concello con estas funcións ampliadas, o traballo do persoal quedaría a mercede das ordes emanadas por persoas designadas polo Goberno local, limitándose a actuar como simples executoras das súas instruccións”, recolle a central sindical nun comunicado.

Con todo, a CIG salienta que non impugnarán a creación do posto, xa que malia non respaldaren a creación destas figuras, si están contempladas pola lei.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com