O Goberno da Deputación defende incluír a lingua de signos na ensinanza obrigatoria

O voceiro do Goberno da Deputación de Lugo, Álvaro Santos Ramos, presentou este venres, xunto ao Presidente da “Asociación de Personas Sordas de Lugo” (ASORLU), Brais Vila, a moción que o grupo provincial socialista levará ao vindeiro Pleno Provincial en defensa da inclusión da Linguaxe de Signos na educación obrigatoria.

Santos Ramos sinalou que “imos instar tanto á Xunta de Galicia como ao Ministerio de Educación a que impulse a introdución da Linguaxe de Signos na ensinanza obrigatoria, non só no ámbito dos estudantes, senón tamén do profesorado”.

Pola súa parte, Brais Vila agradeceu ao grupo provincial socialista esta iniciativa. “A moción é un pequeno gran paso porque o colectivo xordo, que é practicamente invisible. Temos un problema na comunicación e vivimos nun mundo de oíntes. Se dende pequenos se ensinara pouco a pouco a linguaxe de signos aforraríase moito tempo e recursos máis adiante”.

Segundo datos oficiais da Consellería de Política Social, o número de persoas en Galicia que sofren unha discapacidade sensorial é de case 40.000. Destas, unhas 3.400 son da provincia de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com