Éxito de participación na IV Travesía do Miño coa que colabora a Deputación

Este sábado como estaba previsto celebrouse a IV Edición da Travesía a Nado Cidade de Lugo organizada polo Club de Natación PortaMiñá na área recreativa de Os Robles. A este evento, consolidado no panorama galego, asistiu o Deputado Provincial Pablo Rivera, que puido dar fe do éxito de convocatoria, a cal reuniu preto de 200 nadadores. A proba contou coa presenza de varios deportistas olímpicos, entre os que se atoparon os galegos Ivan Raña e Bea Gómez, así como outras destacadas figuras do panorama nacional e internacional como Chente Hernández, Rodrigo González, Crisanto Grajales, Irving Pérez, Claudia Rivas ou Paola Díaz.

 Rivera Capón destacou que “a Travesía do Miño é unha das probas deportivas máis importantes que temos na nosa provincia, e mostra diso é o éxito de convocatoria e participación. De feito, nesta edición contamos coa presenza de ata 8 deportistas olímpicos”. O Deputado lembrou que o organismo provincial colabora co club organizador cunha achega de 10.000€ anuais co obxectivo de apoiar á natación na provincia e promocionar Lugo entre os nadadores e afeccionados asistentes.

                                                 Percorridos

A Travesía a Nado Cidade de Lugo conta con tres percorridos:

Popular (200 metros): aberta a todos os públicos, non competitiva.

Travesía (1.500 metros): proba competitiva.

Minius (5.000 metros): proba competitiva e puntuable para o Circuíto Galego de Augas Abertas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com