A Valedora recomenda modificar o regulamento da Deputación para contemplar aos non adscritos

A Valedora do Pobo,  Milagros Otero, recoméndalle á Deputación de Lugo “actualizar o seu regulamento orgánico” para dar cobertura ao réxime xurídico dos deputados non adscritos.

Así se recolle nun escrito emitido polo organismo que chega logo de que o alcalde de Becerreá e deputado non adscrito na Deputación, Manuel Martínez, denunciase ante a Valedora que o Goberno do ente provincial tiña unha “vontade clara de impedir o exercizo dos seus dereitos” privandoo de medios técnicos e económicos.

Na súa resposta a Martínez, a Valedora admite que ten tanto dereito como o resto dos deputados a participar nas delibracións do pleno ou a formar parte das distintas comisións, especialmente na Comisión de Contas. “Resultaría limitada e incompleta se un membro non adscrito non estivese presente nela para exercer a función de control e fiscalización dos òrganos de goberno, ao estar integrada a mesma, no núcleo esencial do seu mandato representativo”, recolle o escrito da Valedora.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com