O BNG rexeita a construción de dous novos diques no río

O BNG no Concello de Lugo criticou hoxe que, tanto a Xunta de Galiza como a Confederación Hidrográfica “continúen permitindo agresións ao río Miño para incrementar os beneficios de empresas privadas” logo de coñecer que durante o mes de agosto se construirán dous novos diques no río Miño. “Veremos máis obras de destrución do río e seguiremos sen zona pública de baño”, sinalou o voceiro da formación, Rubén Arroxo.

Arroxo cualificou este anuncio de “incrible”, despois de que a Confederación determinase que a primeira ataguía realizada no río o ano pasado se realizou de xeito irregular e acordase a súa demolición.

Deste xeito, para o BNG “tanto PP como PSOE seguen autorizando e protexendo as intervencións agresivas co río e prohibindo o baño seguro para as persoas”. Neste sentido, Rubén Arroxo lembrou que “foi o PSOE que fixo a escandalosa concesión da fábrica da luz e concedeu os permisos, inicialmente, dende a Confederación Hidrográfica e é o PP que está a dar os permisos necesarios dende a Consellería de Medio Ambiente”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com