O artista Christian Villamide doa unha das súas obras ao Museo Provincial

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto e Christian Villamide asinaron este mércores un convenio para a cesión da peza “Ilustración (Tratado I)” deste artista lucense ao Museo Provincial de Lugo. A doazón, perpetua e gratuíta, complementa as diferentes creacións que están expostas no exterior do museo.

García Porto destacou a xenerosidade do autor por doar a súa obra o Museo Provincial e subliñou que “esta sinatura representa unha das apostas da Deputación que contribúe ao impulso do traballo dos artistas lucenses a través da Rede Museística”.

A creación de Christian Villamide está composta por tres pezas (árbores, libros e torniquetes) feitas con madeira e ferro. Segundo o autor, as árbores representan a paisaxe, os libros o coñecemento e os torniquetes o avance industrial, “necesario e indispensable pero que moitas veces imponse pola forza sobre o entorno e o saber” apuntou Villamide.

“Ilustración (Tratado I)” é unha das pezas que conforman “A paisaxe contra a parede”, a obra de Villamide que está exposta na Sala de Exhibicións do Museo Provincial de Lugo ata o 31 deste mes. A mostra é totalmente gratuíta para o público, e nela obsérvase unha crítica ao problema do impacto do home na natureza.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com