A Audiencia absolve á alcaldesa de Viveiro de prevaricación

A Audiencia provincial de Lugo acordou absolver á alcaldesa de Viveiro, á socialista María Loureiro, e ao resto dos acusados na causa que investigaba un presunto delito contra a ordenación do territorio por outorgaren, presuntamente, licenzas de obra mediante o procedemento do silencio administrativo entre os anos 2006 e 2009.

Segundo a sentenza emitida polo tribunal, a sala entende que non quedou acreditado que os acusados tomaran esa decisión á mantenta, sabendo que era unha resolución inxusta. Deste xeito, a Audiencia Provincial entende que todos os acusados deben quedar absoltos deste delito.

Ademais de María Loureiro estaban acusados a concelleira de Benestar Social, Isabel Rodríguez e os exedís socialistas Rafael Fernández e José Luis Docampo, así como o primeiro tenente de alcalde e un técnico externo. Loureiro tivo que deixar a súa acta como deputada provincial na Deputación de Lugo e darse de baixa como militante do Partido Socialista en cumprimento co código ético da formación, que esixe que os militantes teñan que abandonar o partido no momento no que se lles abra xuízo oral.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com