A Deputación promociona os produtos da Mariña na VII Festa do Marisco

A Deputación de Lugo axudará a promocionar os produtos da Mariña na sétima edición da Festa do Marisco, unha cita gastronómica que terá lugar en Burela os días 13 e 14 de agosto.

Á presentación acudiu esta mañá o presidente da Deputación, Darío Campos, que felicitou aos organizadores desta “cita xa consolidada na Mariña” e destacou que “xuntos, medios de comunicación, institucións e profesionais de todos os sectores contribuímos ao impulso da pesca e dos produtos autóctonos, dinamizando a económica da nosa provincia.

“Compartimos as apostas desta cita”, subliñou o presidente, pois a Deputación achega 89.000 euros á promoción de produtos autóctonos a través de citas gastronómicas que se celebran en concellos de toda a provincia, como por exemplo a do Berberecho de Foz, a Faba de Lourenzá ou a Merluza de Viveiro, entre outras moitas na Mariña; ao tempo que concede axudas de ata 25.000 euros a todas as confrarías de pescadores e asociacións de mariscadoras da comarca, ademais das subvencións de máis de 100.000 euros para mellorar as embarcacións dos profesionais da pesca de baixura.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com