O Concello comunica á Xunta que xa dispón dos terreos para o colexio do Sagrado Corazón

O Goberno Municipal de Lugo comunicoulle hoxe á Xunta de Galicia que xa ten á súa disposición os 10.046 metros cadrados de terreos necesarios para a construción dun novo colexio de educación infantil e primaria no Sagrado Corazón, “unha necesidade do barrio moi demandada polos veciños e veciñas”, tal e como afirmou o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Daniel Piñeiro, quen se achegou esta mañá ata os propios terreos para dar conta deste asunto.

“No Concello de Lugo fomos máis aló e en lugar de colaborar coa Xunta fixemos nós todo o traballo de conseguir os terreos, o que demostra o noso firme compromiso cos veciños desta zona e con este colexio, compromiso que tamén lle pedimos á Xunta para executar esta dotación que piden os veciños do barrio”, subliñou o concelleiro.

Despois de chegar a un acordo cos propietarios e de que a alcaldesa, Lara Méndez, asinara os respectivos 7 acordos urbanísticos de cesión de 8.777 metros cadrados e tras aprobar a expropiación dos 1.269 metros cadrados restantes, “hoxe podemos dicir que é un un día moi importante para os pais e nais da zona sureste, unha zona de crecemento da cidade que non pode permitirse o luxo de perder un colexio, que ven un pouquiño máis preto como os seus fillos e fillas non se van ter que desprazar para ir a clase”, aseverou o edil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com