As rúas de Lugo énchense este verán de actividades culturais

O Concello presentou este venres o programa ‘De verán nas rúas’, que inclúe preto de 40 actividades gratuítas para todos os públicos entre actuacións musicais, andainas, teatro e cine, dende este mañá sábado, 30 de xullo ao 16 de setembro, en diferentes prazas e rúas da cidade, así como no Camiño Primitivo.

“Con estas actividades, o Concello busca dinamizar os diferentes barrios da cidade ao longo do verán”, asegurou a concelleira de Cultura, Carmen Basadre; quen deu a coñecer polo miúdo a programación.

Divídese en varias actividades, dunha banda, Camiño Sonoro, actuacións simultáneas de dous dúos clásicos en dous puntos estratéxicos do Camiño ao seu paso pola cidade. Paseos polo Camiño Sonoro, que consiste en diferentes andainas que rematan cun gran concerto dun cuarteto cláisico na Ponte Romana. Venres de Teatro, por parte da Asociación Cultural de Microefectos Dramatúrxicos que representará obras como Mafalda, Superlixo de confianza ou Fuga dos héroes. Cinema na Caixiña, na que se fan proxeccións dirixidas a un público infantil dentro dunha caravana e Vai o verán, concertos a ritmo de soul e jazz.

Ademais, haberá concertos de Cultura no Camiño e Noites de Cinema en Feminino, películas protagonizadas por mulleres.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com