A Deputación inxecta en xullo máis de 15 millóns de euros na provincia

O voceiro do Goberno da Deputación, Álvaro Santos Ramos, detallou este venres os investimentos que inxectou a institución na provincia tras a aprobación do Orzamento de 2016 o pasado mes. Santos Ramos lembrou que “o presidente marcou como obxectivo achegar a todos os Concellos 11 millóns de euros no mes de xullo. Superamos este investimento, pois levamos máis de 15 millóns para emprego, servizos sociais e infraestruturas, beneficiando a veciños de todos os municipios lucenses”.

De feito, hoxe na Xunta de Goberno aprobouse un investimento de 500.000 euros para a residencia de Ribadeo e outros de 80.000 euros para a compra dun camión do lixo, que compartirán os Concellos de Meira e Riotorto. A estes súmanse os 250.000 euros para dotar de herba artificial ao campo de fútbol de Xove, 400.000 para mellorar infraestruturas en Monforte, entre outros colaboracións cos municipios, que proseguirán nas vindeiras semanas.

A Xunta de Goberno aprobou o programa de emprego Communitteando en Lugo, que organizan, conxuntamente, Deputación de Lugo e Cogami, por un valor total duns 130.000 euros. Communiteando busca favorecer a inserción laboral de 24 mozos con necesidades especiais dentro do eido das TICs. Está destinado a persoas de entre 18 e 25 anos, ou de ata 30 no caso de ter un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com