O Concello de Mondoñedo ten previsto a roza de 300 Km de maleza nas parroquias

O Concello de Mondoñedo ten previsto rozar en torno a 300 quilómetros de maleza ao longo de todas as parroquias da localidade. Así o avanzou a rexedora, Elena Candia, quen precisou que estas actuacións, dependentes das concellerías de obras e medio rural do Concello, contan co financiamento da Xunta de Galicia. Candia engadiu a importancia destas labores “moi necesarias para as zonas rurais do municipio mindoniense que darán unha nova imaxe ao rural da localidade”.

Deste xeito, a alcaldesa cumpre co seu compromiso “de desenvolver un plan de rozas planificado no rural” asumido á súa chegada ao goberno da cidade mindoniense.

Candia indicou que con estas actuacións “damos resposta ás peticións dos veciños e veciñas que me trasladaron a necesidade de mellorar os camiños do rural do noso Concello”.

En concreto, rozaranse  con tractor un total de 66,50 quilómetros na parroquia de Argomoso; 7,56 km en Couboeira; 4,80 km en Figueiras San Martiño; unha superficie de 19,90 km en Lindín; 20,07 km en Masma; 8,50 km en O Carme; 8,70 km en Oirán; 55,20 km en Os Remedios; 3,30 km en San Vicente; 22,99 km en Santa María Maior; 5,40 km na parroquia de Santiago; 31,61 km en Vilamor e 3,00 km en Viloalle.

A brigada municipal limpará áreas emblemáticas do municipio

A alcaldesa precisou tamén que a brigada municipal de obras limpará a man preto de 10 hectáreas de superficie en zonas emblemáticas do rural mindoniense como a área recreativa Argomoso, o acceso á Cova do Rei Cintolo ou a área recreativa Masma. Tamén se amañarán os accesos aos camiños na parroquia de Sasdónigas e aos distintos núcleos do rural de difícil acceso para a maquinaria.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com