A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, lamentou “a falta de consideración que ten unha vez máis o goberno de Feijóo co concello de Lugo. Posto que no que levamos de ano, o executivo galego anunciou varias actuacións en distintos concellos da provincia, mentres seguen pendentes importantes débedas históricas que ten coa cidade de Lugo”.
Neste senso, a rexedora lembrou que “o presidente Feijóo hai máis de un ano se comprometera a financiar o saneamento do rural lugués, polo que vemos que non é un problema económico, senón que hai unha discriminación política, xa que destina máis de 2,7 millóns de euros a outros concellos desta provincia, curiosamente todos eles gobernados polo Partido Popular”.
“O executivo galego está a realizar investimentos nas infraestruturas de varios concellos gobernados polo PP, mentres non dedica un só euro á dotación da rede saneamento nas parroquias do rural, algo que si fixo noutros concellos de Galicia”. Subliñou.
A Alcaldesa esíxelle ao goberno de Feijóo que “lle de o mesmo trato aos veciños e veciñas de Lugo, que non queren ser cidadáns de segunda, investindo nas infraestruturas que son tan necesarias para o Concello de Lugo”. Rematou