O Concello de Burela recibe máis de 500.000 euros da Deputación

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, presentou este xoves en Burela o 1º investimento do Orzamento de 2016 para este municipio. Está dotado de case 500.000 euros, dirixidos á mellora de infraestruturas e dotación de novos servizos públicos municipais, ao impulso de políticas sociais nos eidos do benestar, educación, cultura e deportes, así como á xeración e pulo de emprego.

O titular provincial asinou no Libro de Ouro do Concello e apuntou: “É unha honra presentar no Concello máis multicultural da Mariña, exemplo de convivencia, integración e respecto, un importante investimento da Deputación para humanizar, máis se cabe, este municipio. Este Presidente seguirá traballando man con man co Concello para mellorar e ofrecer novas prestacións públicas aos máis de 9.500 burelenses de 40 nacionalidades. Xuntos encheremos a Burela, que pola media de idade dos seus veciños é o Concello máis novo da provincia, de máis futuro”.

O Presidente explicou que o medio millóns de euros que o organismo provincial leva a este municipio mariñán está dirixido ao impulso das infraestruturas, dotacións públicas, políticas sociais e do emprego. Deste xeito, os máis de 500.000 euros serán para as seguintes actuacións:

– 150.000 euros para mellora de rúas.

– 47.281 euros para as obras do POS 2016.

– 40.000 euros para o arranxo de beirarrúas. Estes traballos son para adaptalas á nova normativa europeo en prol da accesibilidade.

– 28.500 euros para a mellora da sinalización viaria. Infraestruturas e dotacións públicas.

– 12.000 euros para o acondicionamento e equipamento dos 4 parques infantís da localidade.

– 35.000 euros para o arranxo do Barco Museo. É unha infraestrutura singular e única, que se converteu nun atractivo turístico na localidade. Serve como modelo de unidade didáctica, pois amosa os diferentes modelos de captura de pesca.

– 15.858 euros do Plan Enerxético da Deputación nos Concellos.

– 3.171 euros para Tics. Os Concellos teñen que realizar melloras nas súas sedes electrónicas antes do 1 de outubro pola entrada en vigor da Lei do Procedemento Administrativo Común.

-25.000 euros en impulso do envellecemento activo, pois son para a organización de actividades dirixidas a maiores.

-9.500 euros para actividades educativas e culturais.

– 16.588 euros para o Servizo a Domicilio. Por 1ª vez, esta prestación suporá custo cero para os Concellos, xa que o Goberno da Deputación decidiu asumir todos os custos.

– 29.812 euros para xeración directa de novos postos de traballo. É a cantidade que lle corresponde a Burela co DEPUEMPREGO, o plan de emprego da Deputación nos Concellos.

– 8.000 euros para a Feira do Bonito.

– 6.000 euros para o Clube Baloncesto Burela.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com