Lugonovo denuncia o estado de deterioro de Santa Olalla de Bóveda

De “pecado capital”, definiu o portavoz de Lugonovo o estado no que se atopa o santuario de Santa Olalla de Bóveda, unha das construcións máis singulares de toda a arquitectura tardorromana, da que se so se coñece outra de semelantes características en Ásia Menor.

É unha mágoa velo así. Como non lle boten man axiña eso non vai haber por onde collelo”, alerta Santiago Fernández Rocha, que insiste en que “clama ó ceo ata onde chega a deixadez das administracións. Resulta vergonzoso que estes días a Xunta anuncie que tratará de achegalo aos lucenses cando o que realmente precisa o templo non son folletos turísticos senón un Plan Director de coidados moi estrito e un incremento de dotacións ao seu carón que aumenten o seu atractivo”.

Dende a mesma sinalización, que está tan invadida polas silvas que é imposible atopala, a construción sofre un deterioro propio de calquera casa abandonada do rural.

Nótase que dende hai moito ninguén mira por ela. A súa situación é lamentable e urxe dun mantemento en condicións que lle devolva a dignidade que merece, subliña Rocha, cómpre recordar que xa no 1931 foi declarado Monumento Nacional e no 1996 Ben de Interese Cultural, non é unha edificación calquera”.

O voceiro de Lugonovo fala, así mesmo, da ausencia dotacional que existe na contorna e que lonxe de atraer visitas contribúe a que o conxunto perda interese turístico.

Non hai aseos, nin onde beber, nin onde sentarse a desfrutar da paisaxe. O descoido é tan absoluto como a pasividade institucional que permitiu chegar ata este extremo. Queda claro que a responsabilidade sobre o patrimonio é unha tarefa á que lle deron de lado hai moito tempo as autoridades competentes”, conclúe.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com