Axudas para alugueiro de vivendas

O Gmpp denuncia retrasos na tramitación e no pago das axudas ao aluguer

O Grupo Municipal do Partido Popular solicita “unha maior axilidade á hora de convocar as vindeiras axudas municipais de alugueiro para evitar que se repitan casos de lucenses que cobran ata seis meses despois esta axuda”. Mari Teijeiro incidiu na necesidade de que “se examinen e completen todos os expedientes antes de resolver a adxudicación destas bolsas”.

Os populares tamén reclaman “que se axilice o sistema de pago mensual destas axudas para evitar situacións delicadas entre os beneficiarios, xa que algúns víronse obrigados a pedir cartos prestados, ou pagar recargos bancarios por falta de liquidez”.

A concelleira popular tamén pediu ao goberno local que non se esqueza das 49 familias lucenses que están en lista de espera da convocatoria das axudas ao alugueiro de 2015. Os populares suxiren que se utilicen os 46.200 € sobrantes dos orzamentos de 2016 para incorporar a estas familias ao programa. Teijeiro recalca que este ano o goberno non vai abrir a liña de axudas de alugueiro municipal e que destinará os 220.000 € consignados para 2016 a pagar a prórroga de 2014 (139.500 €), para as 21 familias que entraron a maiores das que había en 2015 (32.400 €) e para dar resposta a un recurso (1.800 €).

A popular insiste en que o goberno local debe fixar “urxentemente” unha fórmula nova de funcionamento. “Se o Concello non mellora as canles de atención e concesión destas axudas, de pouco ou de nada servirá incrementar nos orzamentos as partidas tanto para alugueiros ou coma para emerxencia social”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com