Garda Civil detén a 5 veciños de Lugo con idades comprendidas entre os 18 e 22 anos de idade, 2 veciños de Burela de 18 e 20 anos de idade e un menor veciño de Burela como supostos autores dun delito de rifa tumultuaria con resultado de lesións.
Os feitos ocorren o pasado mes de xullo nas festas da parroquia de San Martiño (Foz) cando ás 02.30 horas membros do EFICO e da SIR desta Comandancia teñen coñecemento de que nunha zona de aparcadoiro próximo á zona de festexos estase producindo unha pelexa, unha vez no lugar os axentes observan a varias persoas portando estacas e paus de madeira de grandes dimensións, un varón tendido no chan inconsciente e varias persoas con feridas visibles.
Froito da rápida actuación da Garda Civil, os axentes da orde detén a pelexa e procéde á identificación dos implicados no incidente, iniciándose unha investigación policial que deu como resultados a detención dos presuntos autores deste feito delituoso.
As persoas detidas foron postas a disposición do Xulgado de primeira instancia e instrución nº 1 de Viveiro.