Un camión que transportaba leite sofre un accidente e perde parte da súa carga

Un camión que transportaba leite saíuse da vía e verteu parte da súa carga na vía. Sucedeu minutos despois das seis desta tarde na LUP-4201, no tramo que une Paradela con Castro de Rei. O condutor resultou ferido e foi atendido polos profesionais de Urxencias Médicas.

O persoal do 112 Galicia informou a un equipo de limpeza e mantemento da Deputación de Lugo, ademais dos axentes de seguridade e aos Bombeiros de Sarria. Polo momento, están todos os medios traballando no punto e aínda evalúan o alcance da vertedura.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com