O censo electoral para as autonómicas estará exposto do 8 ao 15 de agosto nas oficinas municipais

O Concello informa de que entre o luns 8 e o luns 15 de agosto, ambos os dous inclusive, permanecerá exposto ao público nas oficinas municipais o censo electoral para os comicios autonómicos convocados para o 25 de setembro, co obxecto de que todos os veciños e veciñas empadroados no municipio de Lugo poidan comprobar a súa correcta inscrición nas listas de votación e, en caso de erro, poder facer as reclamacións oportunas.

A consulta das listaxes, que se deberá realizar persoalmente, é un trámite necesario e conveniente para toda a cidadanía, como garantía do seu exercicio de dereito ao voto nas vindeiras eleccións autonómicas.

O censo electoral, pechado con data 1 de xuño de 2016, pódese consultar todos os días. Durante as xornadas laborais permanecerá exposto nas oficinas municipais da Ronda da Muralla, 197, e durante a fin de semana e o festivo exporase na Casa do Concello, situada na Praza Maior. O horario de exposición será de 9:00 a 14:00 horas en días laborais, e de 10:00 a 14:00 horas a fin de semana e o festivo.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com