A cuarta edición dos trens turísticos de Galicia acada o viaxeiro 1.000

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe no acto do Tren Turístico que percorre a Ruta do Viño da Ribeira Sacra, un dos nove itinerarios que constitúen o programa ‘Galicia a todo tren’, promovido por Turismo de Galicia para outorgarlle un distintivo ao pasaxeiro mil desta nova edición.

A directora de Turismo de Galicia sinalou que o dito distintivo do viaxeiro 1.000, certifica que o programa ‘Galicia a todo tren’ está a acadar unha grande acollida un ano máis.

Nava Castro explicou que os trens turísticos de Galicia estanse a consolidar como un dos produtos turísticos máis demandados deste verán dende que no mes de xuño empezou a funcionar este servizo turístico que considera nove itinerarios distintos, dos cales dous pertencen á provincia de Lugo o da Ribeira Sacra e o do Camiño Norte.

Así mesmo, a responsable de Turismo da Xunta destacou que para esta cuarta edición, conta con importantes novidades que incrementan aínda máis o atractivo e a oferta do programa, do cal afirmou, potencia a competitividade de Galicia como destino turístico. “Galicia a todo tren é un exemplo de produto de calidade grazas á creación de sinerxías que combinan o aproveitamento turístico do territorio e a preservación do medio ambiente”, afirmou.

Éxito de ocupación

Nesta cuarta edición as diversas rutas temáticas dos trens turísticos están acadando entre  o 90 e o 100% de ocupación.

Neste senso, a directora de Turismo de Galicia sinalou que de seguir así, superaríanse os datos alcanzados pola campaña do pasado verán na que se obtivo unha ocupación do 87%, superando os 2.200 pasaxeiros, fronte aos 600 da primeira edición.

“Esperamos que, tanto esta Ruta da Ribeira Sacra coma o resto das rutas temáticas que constitúen o programa, continúen con este éxito nos seus próximos percorridos que están dispoñibles os fins de semana de agosto e setembro”, concluíu Nava Castro.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com