Hoxe ás 10 da noite estréase FEIRANTES un novo programa da TVG gravado en Lugo

FEIRANTES é o título do novo programa da Galega, que se emite a partir de hoxe todos os martes ás 10 da noite. O programa de hora e media de duración conta con moitas e diferentes seccións onde se conxuga entretemento, música as mellores orquestras de Galicia pasarán polo programa, así como música galega; tanto o folk como as orquestras actúan dende os seus propios escenarios. Maxia, humor, o programa fai unha homenaxe a barraca Barriga Verde, mítico espectáculo que percorreu as mellores festas de Galicia na metade de século pasado.

Tamén conta con grandes chefs cociñando en directo, catas de viño galegos polos mellores sumilleres e un concurso que ten o mundo das feiras e o seu produto estrela o polbo como elemento central. O concurso busca á mellor polbeira/o do mes. Para elo, tres concursantes en cada programa, asesorados por polbeiras e polbeiros profesionais, intentaran acadar a máxima puntuación para chegar á final mensual.

En definitiva, hora e media de entretemento, cultura, fantasía e troula en FEIRANTES.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com