A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou esta maña o novo avance social alcanzado polo Goberno, a implantación de novas cláusulas sociais que rexerán na contratación pública e cuxa instrucción será aprobada mañá en Xunta de Goberno Local. Estas sumaranse aos criterios sociais que levaba tempo aplicando o Concello nos procesos de contratación municipais.
Lara Méndez declarou que “a contratación no Concello de Lugo nunca é un fin en si mesmo, senon que é unha potestade xurídica e un verdadeiro mecanismo de cambio social. Defensa das condicións laborais, criterios éticos e ambientais deben prevalecer ademais do aforro económico, nos criterios de investimento municipal porque cremos que é a forma adecuacada de investir os fondos públicos
A rexedora asegurou que “cada Goberno ten que marcar o seu estilo nas accións que desenvolve e nos témolo claro, o noso goberno non é o do aforro, austeriade ou os mercados, é o Goberno das persoas”. ,
Ademais, Lara Méndez lembrou que cláusulas sociais na contratación é unha preocupación da Corporación, tal e como se demostrou polo Pleno Municipal, adoptando o acordo de regular un marco reitor nos criterios de contratación por unanimidade na sesión plenaria do pasado novembro de 2015.
Segundo adiantou a Alcaldesa, estas cláusulas sociais buscan primar tres grandes obxectivos, garantía das condicións laborais, coidado do medio ambiente e a ética na contratación.