Tráfico inicia unha campaña especial de control de alcol e drogas

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) poñerá en marcha desde mañá venres, día 12, unha campaña especial de control da taxa de alcoholemia e de consumo de drogas entre os condutores.

Durante tres días, ata o domingo día 14 incluído, axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil intensificarán os controis deste tipo nas vías galegas. Tamén se potenciará a colaboración cos concellos para efectuar controis en zonas urbanas, con especial incidencia nas zonas de lecer nocturno.

A Delegación do Goberno lembra que “o alcol é un factor concorrente ou determinante nun terzo dos accidentes mortais de circulación. A súa presenza na condución, dependendo da súa taxa, multiplica entre 2 e 15 veces o risco de sufrir un accidente, ademais de ser un factor vinculado cun peor prognóstico nas lesións sufridas”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com