O BNG-AA solicitaralle ao goberno municipal que se proceda a solucionar as deficiencias que presenta a zona de xogo infantil do Campo Castelo. O voceiro municipal, Rubén Arroxo, sinalou que “o pavimento é a zona máis deteriorada, pero tamén hai columpios e xogos que presentan deficiencias”. Arroxo sinalou tamén, que “recibimos queixas de varias familias que tiveron varias mancaduras das súas fillas e fillos”. O parque infantil do Campo Castelo é un dos máis utilizados na cidade pola súa situación e por que é o único existente dentro de murallas xunto co do Cantiño.
O BNG – AA xa presentara unha proposta, no pleno da corporación, para a instalación dunha zona de xogo infantil na praza do Ferrol. Arroxo lembrou que “no centro da cidade hai unha carencia real destas instalacións para o ocio de nenas e nenos” e explicou que “as poucas instalacións que hai son insufiencientes e moitas veces as nenas e nenos teñen que gardar colas para subir aos xogos”.