O GMPP afirma que existe desinformación sobre o transporte urbano na cidade

O Grupo Municipal acusa ao goberno de non facilitar unha información adecuada das liñas e horarios dos autobuses urbanos “nin hai mapas de man, nin a información da web é cómoda ou accesible, e a maioría dos postes de autobuses e marquesinas que hai no concello carecen dun plano coas frecuencias do transporte”. Para o vicevoceiro dos populares Antonio Ameijide poderíase mellorar a información dunha forma sinxela e sen grandes investimentos “é necesario elaborar un plano, similar ao do metro, que cunha simple ollada poidas localizar a liña que te interese; tamén se deberían imprimir uns sinxelos mapas de man; facer un mantemento adecuado dos postes informativos; crear unha aplicación web para móviles e facer máis accesible a web”. Ameijide tamén solicitou que se poñan en funcionamento os 22 paneis informativos electrónicos (SAE Sistema de Axuda á Información).

O edil do PP afirma que a desinformación actual está frenando o uso do transporte urbano destacando que “os turistas que nos visitan, sorpréndense porque non haxa una guía de transporte urbano cando noutras moitas cidades se ofrece de forma gratuíta en puntos de información turística ou establementos comerciais”. Os populares explican que “o barullo que hai de horarios e frecuencias condiciona o uso do transporte público na cidade” pero insisten en que hai fórmulas para reconducir esta situación”.

Para os populares, a segunda liña na que hai que traballar é “na posta en marcha dun Plan de mantemento dos postes e marquesinas da cidade. Este programa debe contemplar a limpeza, reparación e un estudio para determinar se son necesarios novos postes ou marquesinas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com