A Deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, Pilar García Porto, inaugurou onte no Museo Provincial de Lugo a exposición Gumersindo Pardo Reguera (inspirador de Picasso), que amosa 40 obras do artista e que acollerá ata o 20 de novembro a institución provincial. No acto tamén participou Rubén Ventureira, comisario da mostra.
García Porto subliñou que “é un pracer colaborar na promoción e difusión da obra de Gumersindo Pardo pola cidade de Lugo a través desta mostra que se expón no Museo Provincial.
Esta mostra, totalmente gratuíta para o público, celébrase con motivo do centenario da morte deste artista nado en Lugo. Componse de trinta óleos, un debuxo, un gravado (de Carl Dupuis) que pertenceu a Pardo Reguera, 6 fotografías, unha cámara fotográfica e un vídeo. Vinte e tres dos óleos foron restaurados para esta cita e a maioría trátanse de retratos de ilustres membros da burguesía galega ou de familiares do propio pintor. Tamén exhíbense exemplos das súas incursións na pintura relixiosa e histórica, no bodegón ou nas escenas costumistas.
Esta colección, afonda por primeira vez nas conexións entre o pintor lucense e Pablo Picasso, cando era neno e vivía en Galicia. Ademais presentase a hipótese de que o famoso Guernica ten a súa orixe nun gravado realizado por Carl Dupuis de A matanza dos inocentes, de Rubens, obra colgaba na botica de Gumersindo, que Picasso visitaba a diario.
Os horarios da exposición son de luns a venres de 9:00 a 21:00 horas, sábados de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas, e domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas. Máis información no 982242112 e na http://www.redemuseisticalugo.org/.