Os Pazos de San Marcos e Tor acollen os traballos dos artistas internacionais do #EstudioAberto5

A Deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, Pilar García Porto, inaugurou este venres na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos e no Museo Pazo de Tor do Concello de Monforte de Lemos, as creacións dos 14 participantes da 5ª edición do Estudio Aberto procedentes de todo o mundo. Durante un mes, estarán expostas as obras no Pazo de San Marcos e no Museo Pazo de Tor.

García Porto sinalou que “a Deputación amplía o seu compromiso coa creación artística e coa artesanía contemporáneas, ofrecendo espazos expositivos a artistas de diferentes disciplinas -pintura, escultura, debuxo, instalación, fotografía, videocreación-, ademais de artesáns e deseñadores -xoiería, olería, moda, cerámica, madeira, forxa”.

Dado o interese que espertou na última edición as coleccións dos museos da Rede como punto de partida, nesta 5ª convocatoria  os creadores volveron a inspirarse nunha experiencia individual en contacto cos diferentes museos e as súas coleccións, para despois desenvolver un proxecto artístico persoal.

Conceptos como museo, espazo, historia, contexto, colección e persoas, entraron novamente en xogo xunto as accións de crear, compartir e participar, facendo un total de 8 proxectos inéditos que estarán na sala de exposicións do Pazo de San Marcos e outros 6, no Museo Pazo de Tor. Ademais, os artistas recibiron a visita de profesionais do sector (críticos, comisarios, xornalistas, museólogos, galerístas, artistas) que deron unha pequena charla e compartiron consellos, opinións e análises acerca dos proxectos en pleno proceso de creación.

Artistas participantes

O pasado 13 de xullo reuníronse no Museo Pazo de Tor os membros do xurado da convocatoria (Eduardo Valiña, Elena Fabeiro, Lola Dopico, Luisa Pita, Antón Sobral e Asunta Rodríguez) de #EstudioAberto5 e, despois das deliberacións oportunas, acordaron por maioría seleccionar aos seguintes artistas para participar da residencia:

Pazo de San Marcos

1.-Víctor Royás

2.-David Fidalgo

3.-Luciana Rago

4.-José Antonio Vallejo

5.-Tamara Wassaf

6.-Lemuel Quiroga

7.-José Manuel Vidal

8.-Mar Ramón

 

Museo Pazo de Tor

1.-Christian Villamide

2.-Neves Seara

3.-Xosé Reigosa

4.-Roi Domínguez

5.-Bibi Martín

6.-Ruth Miguel Díaz

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com