O Goberno da Deputación aproba un investimento de 3 millóns de euros para toda a provincia

Campos Conde explicou que 1,4 millóns son para as axudas dirixidas a todas as asociacións culturais, entidades e clubs deportivos lugueses. Son as subvencións de concorrencia competitiva e non competitiva presentadas nos pasados días. Neste senso, o Presidente reiterou que as ordinarias axudas para o CD Lugo e Breogán, que non se contemplan nestas dúas programacións ao seren sociedades anónimas, están garantidas e comprometidas no Orzamento de 2016, polo que se acordarán en vindeiras sesións.

O titular provincial apuntou que outros 1,6 millóns de euros, tamén aprobados na Xunta de Goberno de hoxe, son para melloras en infraestruturas e dotacións públicas, así como para actividades en impulso da economía local de 10 Concellos da provincia.

Outros acordos

O Executivo Provincial tamén aprobou na Xunta de Goberno de hoxe iniciar o proceso de contratación de dúas cisternas que se incorporarán aos equipos de rego que melloran estradas provinciais e municipais de toda a provincia. O prezo de licitación é de 171.800 euros. Ademais, acordouse a contratación de dous desempregados lucenses, que comezarán a traballar noutras tantas empresas a través do Ben Empregado. Trátanse dun peón gandeiro para O Páramo e dun operador de motoserra para O Saviñao. O luns, publicarase na Bolsa de Emprego da Deputación un novo posto como aparellador, abrindo o prazo de solicitude, que é de 10 días.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com