O alcalde de Cervantes cre que un raio orixinou o lume que queimou unhas 30 hectáreas

Controlado dende hoxe ás sete da mañá o incendio que onte se desataba no concello de Cervantes, na parroquia de Santo Tome, e que afectou, segundo as estimacións da Xunta, a unhas 30 hectáreas.

O alcalde da vila, o socialista Benigno López, cre que as lapas se iniciaron por mor da tormenta rexistrada a pasada tarde nesa zona, en concreto, por un raio que caeu sobre un piñeiral da zona.

A esta hora continúan traballando os medios aéreos e terrestres para extinguir por completo o lume. De momento as condicións meteorolóxicas, coas altas temperaturas e o forte vento na zona, están a dificultar os labores de extinción.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com