O Festival do Castro reunirá a unhas 3.000 persoas esta fin de semana no Concello de Ferreira de Pantón. En concreto, os festexos terán lugar o próximo día 20 e entre as actividades do evento destacan os concertos de balde de grupos como Bloquinho, Xermolos, Coanhadera, Once Tiros, Nao, Skandalo GZ, Blues do País, Soundkilla e Cé Orquestra Fantasma.
Ademais, a décimo primeira edición do festival acollerá outro tipo de actividades como mostras de artesanía, obradoiros musicais ou actividades para os máis cativos. A organización do evento habilitou varios autobuses con saídas desde Monforte até Pantón, que sairán ás 21:00 e ás 23:00 horas. Para o traxecto de volta os horarios serán ás 6:00 e 9:00 horas.
A Deputación de Lugo investiu uns 3.000 mil euros neste evento. A deputada de Cultura, Pilar García Porto, subliñou que “dende a Deputación de Lugo colaboramos para a consolidación deste espazo cultural e musical que cada ano vai crecendo, e que contribúe ao dinamismo e a economía da zona da Ribeira Sacra”.