O Concello celebra a tradicional ofrenda a San Roque

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada por membros da Corporación Municipal, presidiu este martes os actos relixiosos con motivo do día de San Roque. A rexedora e os membros da Corporación acudiron en formación dende a Casa do Concello ata a Capela de San Roque, acompañados pola Garda de Gala.

Deste xeito, renovaron unha tradición que vén dende o ano 1768, cando a cidade decidiu encomendarse ao santo por mor da praga de peste que azoutaba á cidade.

En declaracións aos medios de comunicación, a rexedora Lara Méndez salientaba que os actos de hoxe teñen como finalidade “continuar cunha tradición” arraigada na cidade e que se remonta séculos atrás.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com