Tres menores investigados por roubaren obxectos nas festas da Maruxaina

A Garda Civil imputa a tres menores veciños de Burela como presuntos autores dun delito de furto por roubaren presuntamente distintos obxectos nas festas da Maruxaina, en San Cibrao, no concello de Cervo.

Os feitos ocorreron o pasado 13 de agosto, no transcurso das festas cando se detectou aos menores nas inmediacións de distintas tendas situadas na zona de acampada. Os tres portaban distintos obxectos dos que non puideron acreditar a súa procedencia e que coinciden cos obxectos roubados ás persoas denunciantes.

Os menores xa foron postos a disposición xudicial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com