A Vuelta deixará preto dun millón de euros en Lugo segundo estimacións do Concello

A Vuelta a España deixará preto dun millón de euros en Lugo a modo de retorno económico segundo as estimacións realizadas polo Concello. Así o asegurou esta mañá a alcaldesa da cidade, Lara Méndez que participou canda o presidente da Deputación, Darío Campos na presentación das dúas estapas da proba ciclista que discorrerán pola provincia lucense.

Trátase das etapas 5, que terán lugar o mércores 24 de agosto dende Viveiro e ata a cidade de Lugo; e a 6, que será o xoves 25 de agosto dende Monforte de Lemos e ata Luintra.

Deste xeito, agárdase superar con creces a cantidade que as diferentes institucións públicas destinan á Vuelta e que entre a Deputación, e os concellos de Lugo, Monforte de Lemos e Viveiro ascenden a uns 250.000 euros. Segundo datos oficiais hai xa uns 1.400 xornalistas de todo o mundo acreditados para cubriren esta proba ciclista, que se retransmite nuns 190 países de cinco continentes, acadando un promedio por etapa de 20.000 espectadores.

Só nos lugares de chegada, como nesta ocasión é o caso do Concello de Lugo, o evento é capaz de concentrar a unhas 4.000 persoas. A este respecto, a alcaldesa de Lugo explicou que “son 370 millóns de persoas potenciais que poden ver o noso patrimonio, que poden gozar e observar a riqueza que posuímos na nosa provincia, xa que son máis de 190 países os que retransmitirán a chegada a Lugo en directo, o que supón un auténtico luxo para a nosa cidade. Ademais, dende a organización cifran en, como mínimo, un millón de euros o retorno económico para Lugo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com