O Concello di ter xestións “avanzadas” para habilitar un novo aparcamento disuasorio

O Goberno local de Lugo admite ter conversas xa “avanzadas” con algúns propietarios para poder habilitar aparcamentos disuasorios na cidade, logo do problema de estacionamento existente tras o peche do aparcadoiro do Hospital San José.

O voceiro do Goberno local, Miguel Fernández, salienta que algunhas das zonas nas que se baralla instalar eses aparcadoiros son a zona de Fontiñas ou na contorna da Milagrosa, onde xa se contactou con algún propietario dalgún terreo. Con todo, Fernández salienta que é un traballo que “require tempo” por mor da necesidade de chegar a acordos cos propietarios, aínda que agarda que se poidan “acortar os prazos” o máximo posible dada a demanda de estacionamento da cidade.

Miguel Fernández realizaba estas declaracións trala celebración da xunta de Goberno local que tivo lugar esta mañá. Tras esta xuntanza, o propio Fernández informou de que a entidade local culminou as tarefas de desbroce do 45% das parroquias do Concello. “O Plan de Roza das pistas da zona rural do municipio, que ascende a 97.300 euros, arrincou no mes de xullo e prolongaranse ata finais de setembro ata chegar á totalidade das 54 parroquias rurais”, segundo sinalou Miguel Fernández

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com