Extinguido o incendio de Cervantes tras queimar 46 hectáreas

A Xunta deu esta tarde por extinguido o incendio que afectaba á parroquia de San Tomé, no concello lucense de Cervantes, dende a noite do pasado domingo. En total queimáronse unhas 46 hectáreas, das cales 36 foron de superficie arborada e dez de monte raso. Na súa extinción traballaron 19 axentes, 54 brigadas, 24 motobombas, 1 pa e 6 helicópteros.

No día de hoxe tamén quedaba controlado outro lume forestal decretado esta madrugada no Concello de Ribadeo, na parroquia de Ove, próxima ao casco urbán. Un lume que, segundo o alcalde da localidade, Fernándo Suárez “foi premeditado”.

Na últimas horas tamén quedaba sufocado un incendio de pequenas dimensións que se desataba a pasada noite no lugar de Remesal, na parrquia de San Pedro de Mera, en Lugo.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com