O lucense Cristian Toro, ouro olímpico en K2 200 metros

O padexeiro lucense Cristian Toro gañou xunto co deportista Saúl Craviotto a medalla de ouro na proba de K-2 200 metros nos Xogos Olímpicos de Río de Janeiro. Toro, nacido en Venezuela pero con familia en Viveiro, está federado no Club Fluvial de Lugo, onde adestra a diario dende fai anos.

A parella conseguiu a medalla olímpica logo de asinar un tempo de 32, 075 segundos; case 0,3 décimas por enriba da parella británica que foi medalla de prata.

O metal obtido por Toro e Craviotto supón a terceira medalla para os padexeiros españois en Río de Janeira e a primeira para un deportista galego no que vai de xogos olímpicos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com