O BNG presenta a súa candidatura en Lugo “para gobernar Galicia”

O BNG presentou esta mañá en Lugo a súa candidatura pola provincia de cara ás vindeiras eleccións autonómicas. A cabeza de lista na provincia, a xornalista Olalla Rodil, estivo arroupada pola voceira nacional de formación e candidata á Xunta, Ana Pontón, que sinalou que a formación está “en condicións de gobernar Galicia”.

Pontón sinalou que o BNG presenta unha candidatura “con persoas de diferentes ámbitos, implicadas coa cultura e lingua galega, os servizos públicos e que defenden o futuro no medio rural”. Neste sentido, propuxo a creación dun “contrato de sustentabilidade” con axudas para aquelas persoas que viven no medio rural e ademais da súa actividade agraria, se comprometan a “conservar e custodiar o territorio”. O abandono non é sostible, engadiu, porque provoca “pobreza, lumes e o arrase dunha boa parte do noso país”.

A candidata nacionalista sinalou que  “o 25 de setembro se vai abrir unha nova etapa política en Galicia” e agardaba que o BNG “sexa a chave e motor dese cambio”. “Eu quero unha Galiza onde os nenos e nenas vivan mellor que os seus país, non quero o país que o PP nos deixa en herdanza no que as novas xeracións teñen salarios máis baixos e precariedade laboral”, subliñou Ana Pontón.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com