Medio cento de deportistas participan na Marcha Unificada Special Olympics

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e membros da Corporación municipal participaron este sábado, na Praza de San Marcos, tanto no acto de apertura como no de clausura da Marcha Unificada Special Olympics para persoas con e sen descapacidade, coa que colabora o Concello. A rexedora agradeceulle ao máis de medio cento de participantes o seu esforzo, ilusión e a lección de superación que ofrecen á sociedade. “Hoxe todos vós xodes gañadores, por non deixar de loitar por todo aquelo no que creedes”, expresou a rexedora ao inicio do acto, ao que tamén asistiron, ademais do presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández, representates da Deputación de Lugo, FADEMGA Plena Inclusión e ASPNAIS.

O obxectivo desta competición organizada por Special Olympics Galicia xunto con FADEMGA, que recorreu onte Ourense e mañá Santiago, é promover a práctica do ciclismo nas persoas con discapacidade intelectual de Galicia ao mesmo tempo que se fan visibles as súas capacidades. Ademais, preténdese concienciar e difundir a imaxe positiva e respectuosa das persoas con discapacidade intelectual e eliminar barreiras e estereotipos que dificultan a súa normalización.

Nesta competición participaron un total de 56 deportistas con e sen discapacidade intelectual e adestradores, que percorreron uns 15 quilómetros, dende a Pobra de San Xiao a Lugo. Os  deportistas estiveron acompañados por unha delegación de atletas de Special Olympics Cataluña, chegados de Lleida, así como polos clubes ciclistas Muralla, Correcaminos e Cidade de Lugo. Contaron ademais com voluntarios que apoiaron a deportistas e organización, á quen a rexedora lle agradeceu que se lembraran unha vez máis de Lugo para este tipo de actividades que perseguen acadar unha igualdade real e efectiva.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com