O BNG aposta pola recuperación do edificio do Cuartel de San Fernando

A candidata do BNG por Lugo ás eleccións galegas do 25 de setembro, Olalla Rodil interesouse por coñecer a situación na que se atopa o edificio do Cuartel de San Fernando. Rodil visitou o edificio acompañada do número dous da candidatura, Mario Outeiro, do voceiro do BNG na Deputación de Lugo, Xosé Ferreiro e dos ediles nacionalistas no concello de Lugo, Rubén Arroxo e Maite Ferreiro.

Olalla Rodil dixo que “o BNG é a única forza que aposta pola recuperación do edificio do Cuartel de San Fernando” e asegurou que “traballaremos dende o goberno da Xunta e dende o Parlamento Galego para dar unha solución de futuro a este edificio que é das e dos lucenses”.

A candidata do BNG lembrou que “unicamente co BNG no goberno da Xunta e da Deputación se deron pasos para poñer en valor este edificio”, e sinalou que “somos a única opción coa intención, experiencia e seriedade necesaria por que pensamos unicamente no ben do país” e referiuse ao número dous da candidatura, Mario Outeiro, que tivo responsabilidades de goberno na Deputación de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com