O CD Lugo viaxaba a Tarragona para enfrontarse ao seu primeiro partido da liga ante o Nástic Tarragona.
Durante a primeira parte, un brillante Lugo poñíase por diante no marcador por 0-2 con goles de Pedraza e Joselu, este último de penalti; pero na segunda parte os locais comezaron a presionar dende arriba e un derribo a Alex López na área facía que Uche recortara distancias no marcador. Xa no último minuto do encontro, era Alex López quen marcaba o segundo para o Nástic e igualaba o partido.
Co resultado de 2-2 no marcador, o Lugo suma un punto nesta primeira xornada de liga e comeza a prepararse para o seguinte encontró, que será a semana que ven, no Anxo Carro, e que enfrontará aos de Luís César ante o Zaragoza.