Lugo agarda un cheo absoluto dos seus establecementos hoteleiros nos próximos días por mor do paso da Vuelta ciclista pola cidade e os concellos de Monforte e Viveiro.
Segundo o presidente da Asociación de Hostelería de Lugo, Cheché Real, un evento destas dimensións “pode mover máis de 2.500 persoas”, polo que a oferta de aloxamentos na capital lucense “vai quedar corta”. Algo que provocará que se beneficien tamén outros concellos da contorna, ademais dos de Monforte e Viveiro, polos que transcorrera a proba ciclista.
Cheche Real subliña que o paso da Vuelta deixará tamén “importantes beneficios” para os comerciantes da zona e para o resto de produtos autóctonos da provincia que este ano se promocionarán ao longo de todo o evento deportivo.
A Vuelta a España chegará á provincia o mércores, coa quinta etapa que terá saída en Viveiro e chegada en Lugo. Ó día seguinte a etapa sairá de Monforte e terá chegada na Ribeira Sacra da provincia de Ourense.
Ago 22, 2016 - 08:26 PM
Alguén sabe onde cosultar o roteiro dese día? hora aproximada de chegada a Lugo?Para informar antes e non despois, como é habitual…
Ago 22, 2016 - 09:57 PM
Tes horarios e percorrido na web oficial @lavuelta http://www.lavuelta.com/la-vuelta/2016/es/etapa-5.html