O PP pide a “recolocación urxente” dun bloque desprazado nun piar da ponte romana

O PP no Concello de Lugo pide a “recolocación urxente” dun bloque desprazado nun dos piares centrais da ponte romana. O concelleiro popular Antonio Ameijide sinala que “dende fai unhas semanas apréciase a simple vista como un dos elementos das pilastras se atopa fóra de lugar”, o que xera “un desgaste maior” e unha “desprotección da estrutura”, xa que, engade, “non só pode acabar desaparecendo esta peza, senón que ao moverse pode desprazar outras”.

Ameijide insiste en que canto máis tarde en corrixirse esta situación “máis pode encarecer a actuación”, ao tempo que se incrementarán os danos ocasionados. A este respecto, o concelleiro popular reclama ás administracións competentes “un mantemento máis adecuado e máis constante”, xa que ademais deste caso hai outros que recollen os populares “como as árbores que estiveron varias semanas atrapadas na contorna do que é un dos principais atractivos turísticos”.

Os populares propoñen ademais incrementar a frecuencia coa que se realizan as inspeccións periódicas “para evitar situacións deste tipo que danan a imaxe e a estabilidade dun monumento emblemático”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com