“Un servizo público non ten por que ser rendible, se é moito mellor, pero non é a finalidade da prestación de dito servizo”. Así de contundente foi este luns a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre a información publicada hoxe no xornal La Voz de Galicia na que reflicte que o servizo de bus urbán en Lugo lle custa ao Goberno local máis do dobre do que ingresa.
Segundo Méndez, a intención do Goberno Municipal é fomentar o uso do transporte público, “porque o cremos, porque defendemos e porque entronca co modelo de cidade sostible que estamos buscando”, asegurou a rexedora, quen lembrou que o Concello ten ata febreiro para a implantación do novo servizo de bus.
Neste senso, a rexedora avanzou que se está a preparar un deseño a dez anos vista, ainda que con posibilidade de revisión durante ese tempo, co obxectivo de aumentar os viaxeiros. “Para iso non entendemos mellor forma que crear a campaña Móvete por Lugo para escoitar de xeito directo as suxerencias e recomendacións de todos os veciños”, continuou Méndez, quen recorreu todos os barrios da cidade, e alí onde demandaron visitas a maiores, para escoitar aos veciños e veciñas e telos en conta no novo deseño de mapa de liñas do bus urbano no que o Goberno está a traballar, e para o que ten un ano de prazo para facer ese deseño de futuro.
Ago 23, 2016 - 11:48 AM
Chega cando quere , e marcha cando lle peta imposible utilízalo pra ir a traballar . E si tes queixas tes que darllar o propietario do trasporte non a ayuntamiento .
Total mellor calar .
Ago 22, 2016 - 08:20 PM
aquí está la explicación del siglo. Si se nota que a ella no la eligieron, se nota…