Burela celebra esta fin de semana a súa feira do libro

O concello de Burela celebra esta fin de semana, durante os días 26, 27 e 28 deste mes a segunda edición da súa Feira do Libro, que terá como un dos seus pratos fortes a presentación da reedición do libro ‘Burela: Apuntes históricos y Crónica del siglo XX’. O concelleiro de Cultura de Burela, José Díaz, explicou que “estamos con moitas ganas e fainos moita ilusión esta segunda feira, sempre buscando mellorar a do ano pasado”.

A este respecto, Díaz engade que “o balance foi bo e quedamos contentos con ela, pero sempre se aprende de pequenos erros que se cometeron e agardemos aquí poder corrixilos e facer unha segunda feira que atraiga non só aos nosos veciños de aquí, senón aos de outros concellos”.

O edil socialista subliñou que este ano haberá dez stands. Algúns da zona de Burela e San Cibrao pero tamén de editoriais de Madrid, unha caseta da Deputación de Lugo coas publicacións desa entidade e un stand do Concello con información variada sobre a feira e sobre o propio municipio. Ademais haberá outro expositor con libros en galego, un de cómics e outro de novela negra.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com